CRTVG

Buscar

Comprensión ante as novas restricións que afectan a área da Coruña

Publicado o 08/08/2020 21:02

A ocupación das cafeterías e dos restaurantes reduciuse á metade. Os clientes desapareceron das barras. Á unha da madrugada os negocios deben estar pechados.

A Coruña quedou sen o Festival Noroeste. Do programa de festas, só as feiras do libro e de artesanía sobreviviron ás novas restricións, derivadas do incremento constante de casos positivos na áre sanitaria. Canda a cidade, Oleiros, Artreixo Cambre e Culleredo estrearon a fin de semana con estas limitacións, que en xeral se entenden como necesarias.

O ocio nocturno quedou suspendido nos nove concellos da comarca da Coruña. O sector séntense castigado e pide que as admnistracións actúen con dureza cos que rexeitan o uso da máscara, tal e como explica Héctor Cañete, presidente da Asociación de Hostaleiros da Coruña.

Sanidade revisará as restricións cada cinco días.

Noticias web

08/08/2020