CRTVG

Buscar

Compostela-Deportivo: o partido máis especial para Bicho

Publicado o 23/10/2020 09:22

Bicho tiña dezaoito anos cando debutou no fútbol profesional co Deportivo. Naquel equipo estaban Manuel Pablo, Marchena, Arizmendi, Culio... Pasaron seis anos, o fútbol dá moitas voltas e Bicho xa se enfrontou ao Fabril. Pero xogar contra o equipo de Fernando Vázquez será especial.

Bicho sente un afecto grande por Fernando Vázquez. Naquel momento viuse que era recíproco.

Bicho non ten clara a condición de favorito do Deportivo no derbi deste domingo.

Bicho cruza os dedos para que cesen as súas molestias no pé por unha fascite. O Compostela-Deportivo é, especialmente para el, o partido da temporada.

Noticias web

23/10/2020