CRTVG

Buscar

Compartir contidos íntimos sen consentimento está penado co cárcere

Publicado o 08/01/2020 20:28

A recente difusión dun vídeo íntimo do adestrador do Málaga e que tamén estivo no Deportivo da Coruña, Víctor Sánchez del Amo, devolve á actualidade os riscos do 'sexting', ou intercambio de contidos íntimos a traves dos dispositivos móbiles. Ademais de atentar contra a intimidade dunha persoa, compartilos sen consentimento é un delito penado co cárcere.

A tecnoloxía e o envío de mensaxes, fotografías ou vídeos íntimos teñen unha relación complicada.

Calquera contido que circule polas redes sociais ou sistemas de comunicación vólvese incontrolable sexa de quen sexa: deportistas, políticos ou un colega do traballo.

A policía pide que se denuncie a difusión sen consentimento deste tipo de contidos, pero que non se compartan, nin siquera para expresar indignación ou solidariedade, porque iso só aumenta a súa audiencia.

Ademais de afectar a intimidade e a imaxe pública dunha persoa, a publicación de contidos íntimos sen consentimento está castigado con penas de cárcere.

Noticias web

08/01/2020