O delegado do Goberno di que se fixo "todo o humana e técnicamente posible nunha misión colosal"
Publicado o 26/01/2019 09:52
Tamén nas redes sociais, a través dun chío alcalde de Málaga anunciaba que o concello decreta desde hoxe tres días de loito oficial. Hai tamén convocado para este sábado un minuto de silencio na Casa do Concello de Málaga e na de Totalán. Ás nove da mañá comparecía o delegado do goberno de Andalucía para dar todos os datos, a última hora do rescate, cando os bombeiros, contra a 1:25 da madrugada, atopaban o corpo sen vida de Julen.