Cómoda vitoria do COB en Burgos (69-80)
Publicado o 13/11/2020 22:05
E na LEB Ouro, vitoria doada para o COB. O equipo ourensán conseguiu un triunfo importante en Burgos ante o Tizona. Aos 7 minutos gañaba 2-13 e ao descanso a diferenza aumentara ata os 20 puntos. Na segunda metade manexou e mesmo aumentou esa renda, pero no último cuarto o Tizona reaccionou e chegou a poñerse a 9 puntos. Partido balsámico para os de Gonzalo García de Vitoria que despois de dúas derrotas consecutivas suman a súa segunda vitoria da temporada.
Máis sobre actualidade
12/04/2021 20:58