CRTVG

Buscar

Comobity, a app da DXT que protexe os ciclistas e peóns

Publicado o 02/07/2020 16:39

Evitar que imaxes coma estas volvan repetirse..., ese é o obxectivo de Comobity, unha aplicación creada pola DXT para mellorar a seguridade viaria de ciclistas, peóns e tamén dos condutores. 

Carlos Montero, presidente do club ciclista Monte Penarubia, asegura que non é unha aplicación moi coñecida pero considera que é unha boa medida ciclistas e peóns.

A ferramenta, dispoñible para ios e android, é de balde e é moi sinxela de empregar.

Unha vez instalada basta con indicar se nos desplazamos en coche, en bicicleta ou andando.

A aplicación avisará aos condutores da presenza de ciclistas ou de peóns cunha antelación de 500 metros, o tempo suficiente para evitar sustos ou accidentes que poden ser fatais.

José Manuel Oliveira e Fabio Chaves, propietarios de dúas tendas de bicicletas, cren que a aplicación é moi boa, xa que avisará os condutores da presenza de ciclistas ou peóns evitando así atropelos por distraccións.

A aplicación tamén avisa de obras nas estradas, de retencións ou de condicións climatolóxicas adversas. Ao tratarse dunha ferramenta colaborativa os usuarios poden incluir alertas e avisos das incidencias que se atopen na estrada.

Colabority garante o anonimato dos usuarios. A DXT non non ten acceso nin aos nosos datos nin á velocidade á que circulamos.

Noticias web

02/07/2020