CRTVG

Buscar

Cómo manterse en forma durante o confinamento

Publicado o 16/03/2020 13:22

Tardaremos un tempo en ver imaxes de xente facendo exercicio ao aire libre ou en instalacións deportivas. O confinamento reduce a nosa mobilidade, pero non por iso debemos perder a forma física nin o ton muscular, especialmente a xente maior. Este colectivo debe intentar non caer no sedentarismo, e estes son algúns consellos para manter a forma física e mental durante o tempo que dure o illamento, dependendo de se dispoñen de espazo ao aire ibre nunha casa ou se residen nun piso.

No caso das persoas habituadas a facer exercicio con regularidade, ou que decidan aproveitar este confinamento para empezar a facelo e combater o aburrimento, tamén hai métodos que nos permiten adestrar na casa, só co peso do noso corpo, e facelo con alta intensidade. Un deles é o tábata.

Como motivación, poden competir entre os membros da familia, ou, por exemplo, retar os nosos maiores a que fagan este sinxelo test: colocar unha cadeira e unha garrafa a uns 5 metros. O exercicio consistiría en erguerse, dar a volta á garrafa e volver sentarse. Hai que cronometrar o percorrido e ir anotando os tempos, que irán mellorando a medida que vaian practicando.

Noticias web

16/03/2020