CRTVG

Buscar

Como afecta as vilas fronteirizas de Galicia e Portugal o peche?

Publicado o 16/03/2020 22:51

• Primeira vítima mortal en Portugal, un octoxenario con patoloxías previas

Esta medianoite España volve ter fronteiras. Os cidadáns portugueses aplauden a decisión dos gobernos luso e español de pechar as fronteiras. Temen que o virus se espalle tanto como o fixo en España. Levaban todo este tempo sen mortos con coronavirus, este luns á tarde faleceu o primeiro, un home de 80 anos con patoloxías previas.

Hoxe foi en Portugal o primeiro día sen escola, unha das medidas do estado de alerta activado esta fin de semana. Tamén se precipitou ese peche de fronteiras a visitantes que os portugueses esixían ao goberno. O país está agora coa vista posta no vindeiro mércores, cando o consello de estado se reunirá para decidir se se activa o estado de emerxencia, moi similar ao estado de alarma español. En Portugal, a concienciación é enorme; son centos de miles os portugueses que están confinados de xeito voluntario. O país luso rexistra 331 positivos en covid-19 e unha vítima mortal, un octoxenario con patoloxías previas que fora masaxista do CF Estrela da Amadora.

Os sanitarios portuguesas pedían esta fin de semana ao Goberno o peche da fronteira con España. Despois facíano alcaldes de ducias de vilas, e finalmente o Primeiro Ministro saía ao paso. O sentir da cidadanía é que esta medida chega tarde, e a oposición pide máis responsabilidade.  Nuns días calmos nas rúas e con moita conciencia da situación chegaron máis criticas dos cidadáns con este anuncio do seu presidente. 

O vindeiro mércores decidirán en Consello de Goberno se elevan o nivel de excepcionalidade a estado de emerxencia, o máis parecido ao estado de alarma español. Mentres, os portugueses pregúntanse por que non se reunen hoxe mesmo. 

Noticias web

16/03/2020