Como é traballar nunha UCI en tempos da covid-19?
As UCI son estes días de pandemia o foco de atención. Nelas entran os pacientes máis graves, os que precisan osíxeno, a quen o virus golpeou con máis forza.
Dentro, profesionais aos que en moitas ocasións lles é complicado desenvolver o seu traballo diario, un traballo que ás veces os deixa desgarrados.
Comprobamos como se adaptan médicos, enfermeiras, celadores, etcétera, como loitan duro contra o virus e como tratan os pacientes nun estado tan delicado.
Abrimos as portas da UCI covid. Cada cama, unha historia. En común, que precisan dunha atención especializada e moito máis complexa do habitual.
Nuria é médica na unidade de Críticos do Hospital de Ourense. Vive momentos de tensión a diario. Ten que compaxinar o traballo con palabras de alento.
A maioría dos pacientes están sedados, cando espertan non saben o que está sucendendo. Sittacións dramáticas que acaban pasándolle factura aos profesionais.
Unha loita diaria que non poden gañar, din, sen a complicidade e a axuda de todos. Así que cumpramos as normas para evitar consecuencias maiores.