CRTVG

Buscar

Como é a desescalada nos ximnasios?

Publicado o 01/05/2020 17:04

A volta ao ximnasio, pero sen poder usar os vestiarios e cumprindo as recomendacións sanitarias de autoprotección e distanciamento social. Isto é o que marca o protocolo para a apertura destes centros, ademais da desinfección e hixiene periódicas. Os empresarios traballan para poñer en marcha medidas como un sistema de reservas, reestruturación das quendas de actividade, reforzo da desinfección, tamén nas piscinas e formación para os traballadores.


Os ximnasios dan emprego en España a máis de 200.000 persoas. Esta cadea posúe 37 centros, 19 deles en Galicia, aos que asisten 93.000 clientes e con 460 traballadores.
 

Noticias web

01/05/2020