CRTVG

Buscar

Como circular en coche durante o estado de alarma

Publicado o 27/03/2020 21:48

Gustavo acaba de chegar dun servizo e prepárase para desinfectar o coche. Os taxistas limpan o vehículo cada vez que trasladan unha persoa. Igual ca o resto dos particulares, só poden circular por causas de forza maior: levar xente ao médico, ao traballo ou a mercar produtos de primeira necesidade. Pero a súa responsabilidade é grande, porque por este coche poden pasar ducias de persoas cada día.

En principio recoméndase que só vaia unha persoa por vehículo. Pero tamén podemos levar con nós nenos ou persoas dependentes. Podemos levar a traballar alguén que viva con nós e non teña carné. E tamén podemos compartir coche de empresa con outros compañeiros durante a nosa xornada de traballo. Nalgunhas están instalando mamparas para reforzar a seguridade, pero non son obrigatorias.

Cando vaian varios no mesmo coche, deberán sentar unha soa persoa por cada fila de asentos e poñerse o máis separados posibles. O mellor é ir en diagonal, un do lado dereito e o de atrás no lado esquerdo.

E sempre que vaiamos máis dun no coche, recoméndase levar máscara posta.

 

Noticias web

27/03/2020