CRTVG

Buscar

Comisan en Galicia 1.100 litros dun compoñente que se usa para fabricar hidroxeles

Publicado o 17/03/2020 19:32
Comisan en Galicia 1.100 litros dun compoñente que se usa para fabricar hidroxeles

Dentro das accións que está desenvolvendo a Garda Civil para a contención do virus, nas últimas horas interviñéronse en Galicia 1.100 litros dun compoñente que se usa para fabricar hidroxeles. A partida estaba retida na Coruña por unha disputa entre empresas. Tamén se requisaron 13.000 máscaras no aeroporto de Baraxas, que se entregaron ás autoridades sanitarias. As forzas de seguridade alertan sobre o risco da utilización masiva das novas tecnoloxías.



 

Noticias web

17/03/2020