CRTVG

Buscar

Comisan 15.000 produtos pirotécnicos ilegais en Moraña

Publicado o 12/08/2020 14:44

A Garda Civil comisou máis de 15.000 produtos pirotécnicos almacenados de maneira ilegal nun remolque estacionado en Moraña. Os axentes localizaron o remolque no transcurso dunha operación contra o tráfico de drogas. Contiña 20 quilos de material pirotécnico de distintas categorías, supostamente destinados á venda ambulante. O seu propietario carecía do permiso necesario.

 

Noticias web

12/08/2020