CRTVG

Buscar

Comisan 11.000 luvas en Mos e 7.000 máscaras en Gondomar

Publicado o 20/03/2020 21:10

As máscaras tíñaas agochadas un empresario, que lles asegurara aos axentes que só contaba coas necesarias para os seus empregados. E en Mos, ademais das 11.000 luvas interviñeron 124 litros de alcol e máis de 500 máscaras que un home pretendía ocultar na súa casa, asegurando que xa as vendera no seu bazar. En estado de alarma, todos os que teñan material de protección deben poñelo en coñecemento do Goberno. Do contrario, expóñense a multas importantes.

Noticias web

20/03/2020