CRTVG

Buscar

Comisan 1.200 litros de aguardente en Meis, Vilaboa e Salvaterra

Publicado o 16/12/2019 18:20

A Garda Civil incautouse de varias partidas de aguardente de elaboración artesanal destilada de forma ilegal en varios puntos da provincia de Pontevedra.

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras desta Comandancia puxeron en marcha esta operación que se saldou coa intervención de 4 alambiques e máis de 1.200 litros de aguardente. As incautacións producíronse nos municipios de Meis, Vilaboa e Salvaterra.

A súa elaboración, de forma artesanal, podería non estar cumprindo a normativa sanitaria e fiscal esixida para a súa posteior distribución e venda.

Noticias web

16/12/2019

Máis sobre Salvaterra de Miño