CRTVG

Buscar

Comezou en Compostela o Festival da Lusofonía Maré

Publicado o 24/09/2020 21:30

Soan os cantos da Maré, e na Maré horas antes de que comece unha nova edición do festival da lusofonía. Na Maré porque o Atlántico segue unindo culturas, intercambiando músicas. En Compostela porque é porto de encontro. Desta volta encóntrase Aritmar, os premios da música e da poesía galego portuguesas, encóntrase a creación, encóntrase Angola, O Brasil, Portugal e Galicia.
Artistas que se encontran. Os primeiros, o angolano Toty Sa'Med e a galega Ugía Pedreira. Cóntanos que chega ao festival como unha trovadora de aldea

Próximos pola lingua. Irmáns. Tamén LaBaq, Faia, Antonio Zambujo, Miguel Araújo, a propia Uxía ou Sabela entre outros. No palco e no mundo, este ano e ata o domingo tamén en streamming a través da páxina mare.gal.

Noticias web

24/09/2020