CRTVG

Buscar

O xurado popular do caso do crime de Ana Enjamio delibera o seu veredicto

Publicado o 19/12/2019 16:07

Seguimos pendentes do veredicto polo crime do caso do crime de Ana Enjamio. O xurado popular continúa coa deliberación nos xulgados de Vigo. Durante cinco xornadas escoitaron a declaración de múltiples testemuñas, policías, forenses, do avogado da defensa e da Fiscalía.

Na última sesión do xuízo, o fiscal debullou ante o xurado unha quincena de indicios e probas, e cualificou de incrible e patética a versión do acusado, César Adrio. Pola súa banda, a avogada da Xunta apuntou que é un caso de libro de violencia machista. Mentres, a defensa volveu pedir a libre absolución.

Tras entregárselle o obxecto do veredicto, o xurado comezou a deliberar a tarde pasada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/12/2019