CRTVG

Buscar

Comezou a campaña da recollida da mazá para sidra

Publicado o 02/10/2020 14:30

Comezou a campaña da recollida da mazá destinada á sidra, da que Galicia é unha das principais produtoras de España. Este ano os fruticultores agardan unha colleita moito máis pequena ca a doutros anos por mor da climatoloxía.

A campaña da recollida da mazá para a elaboración de sidra arrancou este ano cunhas previsions menos optimistas que as do 2019.

Os cambios de temperatura na primavera afectaron a floración das maceiras.

O conselleiro do Medio Rural visitou esta mañá a explotación que Mónica ten na Estrada porque, segundo dixo, tanto este concello como toda a comarca reúnen unhas condicións agronómicas idóneas para a plantación de maceiras.

A tal fin hai xa en marcha a creación dun primeiro polígono de maceiras para sidra de case 100 hectáreas en Cerdedo-Cotobade que está previsto para o ano 2021, pero a idea é seguir buscando novas localizacións para a produción de mazá.

 

Noticias web

02/10/2020