Comezan os traballos para derrubar o viaduto da ronda de Nelle da Coruña
Publicado o 19/02/2020 14:29
A partir de hoxe, na Coruña podería haber problemas na circulación derivados das obras de derruba dun viaduto.
É o da ronda de Nelle. Os cortes no tráfico serán progresivos. A partir do día 22 o corte afectará tamén os peóns, polo que se pide a colaboración da veciñanza polas molestias que poida ocasionar eliminar esta estrutura.
Se os traballos saen segundo está previsto, as obras rematarán o vindeiro 5 de marzo.