CRTVG

Buscar

Comezan as visitas guíadas á fábrica de Sargadelos na Mariña

Publicado o 01/07/2019 14:27

Durante os meses de xullo e agosto Sargadelos organiza visitas guiadas ás súas plantas de produción. Levaranse a cabo de luns a venres e mentres en Cervo serán as once da mañá e a unha do mediodía, na planta de Sada serán só ás doce. Esta iniciativa tivo unha grande acollida o pasado ano e por eso a firma optou por repetir experiencia. As visitas son de balde e duran entre 30 e 40 minutos, un tempo no que os visitantes poden coñecer de preto como é o proceso de elaboración destas famosas pezas ata converterse en pezas únicas de porcelana da máis alta calidade.

Trátase dun proceso moi laborioso e case artesanal que desperta un grande interese entre os visitantes. Ver como pintan as pezas, procesos como este esmaltado que semella que as volve tinguir de branco ou saber que van a un forno a máis de 1400 graos de temperatura son algunhas das curiosidades que máis lle chaman a atención.

O obxectivo desta iniciativa é amosar, fomentar e preservar este traballo case artesanal que ten máis de 210 anos de historia e que forma parte do noso patrimonio cultural coas respresentativas figuras que destacan pola súa cor branca e o seu particular azul cobalto.

Noticias web

01/07/2019