CRTVG

Buscar

Comezan as proxeccións da 25 edición do OUFF, o Ourense Festival Film

Publicado o 27/09/2020 09:34

Nun ano moi complicado tamén para o cine, o OUFF conseguiu traer a Ourense dez filmes de diferentes países que compiten na Sección Oficial.

Entre eles, un galego, a Illa das Mentiras, que a súa directora presentou hoxe para o público ourensán antes da súa estrea nos cines de Galicia o vindeiro venres. É a historia do afundimento do titanic galego, nos anos 20, na illa de Sálvora.

Con aforos reducidos a 60 persoas por pase, difícil, acadar os 20.000 espectadores da pasada edición do festival, pero a organización apostou, di, pola calidade.

Unha semana con preto de cen sesións, con seccións paralelas e homenaxes a Eloy Lozano, Cuerda e Fellini.

Cine, entretemento e cultura, unha menciña para tempos incertos.

Noticias web

27/09/2020