CRTVG

Buscar

Comezan as probas para a demolición do vello hospital de Lugo

Publicado o 21/06/2019 16:27

Na cidade de Lugo comezaron hoxe as probas para a derruba do antigo hospital xeral. Estímase que os traballos de demolición do esqueleto poderían durar un mes.

Estas máquinas de gran tamaño son estes días as protagonistas aquí, no barrio lugués da Residencia. Serán as encargadas da demolición do antigo hospital xeral. Hai un mes retiraban deste inmoble todo o amianto existente e hoxe foi a quenda de realizar as probas previas á derruba que está prevista que comece o próximo martes.

Este edificio, que leva máis de oito anos fóra de servizo, ten oito plantas e unha superficie construída de máis de 24.000 metros cadrados. O seu derribamento é o primeiro desta magnitude que se levará a cabo na provincia de Lugo e farase de xeito mecánico e non con voaduras debido aos riscos que podía supoñer para as vivendas lindeiras.
Estímase que os traballos de derruba do esqueleto deste antigo hospital xeral se prolonguen durante un mes. Despois precisarase outro para acondicionar a parcela antes de construír aquí unha residencia para persoas maiores que contará cunhas 120 prazas.


 

Noticias web

21/06/2019