CRTVG

Buscar

Proban o tramo do AVE que vai acurtar en 50 minutos a viaxe entre Galicia e Madrid

Publicado o 30/01/2019 17:57

Realizou o percorrido esta madrugada no treito que vai entre Zamora e Seabra un vehículo auscultador. É unha locomotora especial dotada con tecnoloxía láser para comprobar a nivelación e aliñación da vía.

Fixo o percorrido a 110 quilómetros por hora.


 

Noticias web

30/01/2019