CRTVG

Buscar

Comezan as parcelacións nas praias galegas

Publicado o 15/06/2020 20:57

A praia de Silgar comezou a súa transformación para afrontar o verán da nova normalidade. O concello máis turístico de Galicia que chega aloxar ata 140.000 persoas nos días máis fortes do verán abrirá oficialmente o día 26 a súa temporada de praia.

E farao con esta praia estreando un sistema de parcelas, que hoxe comezaron a tomar forma e coas que pretenden garantir a distancia de seguridade. Cando estean serán 780 cuadrículas de 3 por 3 metros divididas en cinco sectores

Estas parcelas limitarán a ocupación máxima de Silgar a 2.340 persoas. Ademais reforzaranse a limpeza dos areais, os aseos será desinfectados con máis frecuencia e ademais de socorristas e vixilantes de ocupación, dende o aire a praia estará vixiado por drons. O obxectivo é conseguir, din, un verán libre da COVID-19

Tamén Vigo prepara as súas praias para o comezo da temporada. As praias de Samil e O Vao dividiranse tamén en cuadículas. Mentres na Coruña agardarán a que o tempo mellore para estrear un sistema de control de acceso que se instalará para controlar en tempo real as entradas e saídas ás praias.


 

Noticias web

15/06/2020