CRTVG

Buscar

Comezan as obras de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria

Publicado o 04/11/2020 14:46

A vindeira semana comezan as obras para a conversión en autovía da vía de alta capacidade Nadela-Sarria.

Os primeiros traballos comezarán a executarse nun treito de case 12 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria, en que se investirán máis de 24 millóns de euros.

Trátase da primeira autovía autonómica da provincia de Lugo.

 

Noticias web

04/11/2020