CRTVG

Buscar

Comezan as celebracións do 183 aniversario da escritora Rosalía de Castro

Publicado o 22/02/2020 17:19

Fin de semana tamén de conmemoracións literarias. No 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, celébranse en distintos espazos homenaxes á escritora e á súa obra.A casa da Matanza en Padrón ou o Teatro Colón na Coruña recibiron xa os primeiros convidados deste convite.

Anda Rosalía, cativa, agochada nos escenarios da Coruña, e trata de evitar que a saquen de Ortoño e a leven para Santiago para xunto á súa nai. Resístese, coa rebeldía que lle é propia.
"Tes que ser forte, xa verás como vai ser o mellor para nós. E nas vacacións poderemos regresar a Ortoño para visitar meu irmán e a familia. E poderás xogar con Carmela e correr entre a herba". Dille súa nai nunha carta que lle enviou.

A mesma Rosalía, xa máis medrada, paseaba esta mañá por Lugo, onde viviu tamén. E os seus versos escoitábanse grazas á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

E Rosalía estivo tamén na Matanza, desde a súa casa proxectada ao resto do mundo a través dunha nova web que permite achegarse á súa creación: "Vimos de ver unha nova plataforma que dalgún xeito vén a contribuír a divulgar a figura e o traballo de Rosalía e tamén o traballo que desenvolve a Fundación e é unha moi boa ferramenta de comunicación moderna, actualizada e innovadora e vai servir para o que queremos: divulgar o protagonismo cultural que tivo e ten Rosalía." Dicía o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Un protagonismo que terá ao longo de toda a fin de semana, na véspera do 183 aniversario, celebrado con caldo de Gloria e lecturas da súas obras.

Noticias web

22/02/2020