CRTVG

Buscar

Embarcan cara a Israel os tripulantes do Solitaire, logo de pasaren a corentena

Publicado o 07/05/2020 08:55

Xa comezou o embarque dos tripulantes galegos no Solitaire, un buque duns 300 metros de eslora dedicado á instalación de oleodutos.

Á primeira hora da mañá os empregados da empresa holandesa propietaria do buque abandonaban os hoteis nos que estiveron catro noites totalmente illados. Cos resultados negativos no test do coronavirus, están listos para embarcar.

É a primeira vez que este megabuque dedicado á instalacións de tubaxes para oleodutos en alta mar atraca en Vigo. Chega dende Róterdam, onde embarcou outra parte da tripulación holandesa. Evitan voos e aeroportos para evitar contactos de risco e garantir que o buque sexa un espazo seguro e libre de coronavirus.

Desta vez a tripulación é menos variada e hai máis galegos, xa que moitos traballadores doutros países non puideron embarcar polas restricións derivadas do coronavirus. Teñen por diante 9 días de navegación ata Israel e cando menos unhas 8 semanas de traballo a bordo deste buque.

 

Noticias web

07/05/2020