CRTVG

Buscar

Comeza un cribado de covid-19 en Betanzos

Publicado o 28/01/2021 14:28

Comeza un cribado masivo de covid-19 en Betanzos. Desde este xoves e ata o martes 9 de febreiro pasarán por este pavillón de Betanzos oito mil veciños para someterse á próba

"Son PCR por pooling. En vez de facer a mostra individual, xúntanse de dez en dez. Se dan todas negativas xa se dan por negativas todas esas mostras, se da algunha positiva xa se fan en grupos menores ata saber cal é a positiva", explica Marta Mosquera, supervisora de medicina preventiva do CHUAC.

O obxectivo deste cribado masivo é detectar posibles casos positivos de covid-19 e, sobre todo, ás persoas asintomáticas.

"A proba é un pouco molesta, pero temos que facela todos, non pasa nada", di unha betanceira.

Na área sanitaria da Coruña e Cee as UCIs chegan ao máximo de ingresados de toda a pandemia. Do pico dos 53 pacientes en abril do ano pasado pasouse nas últimas 24 horas aos 59. Este xoves hai un total de 369 hospitalizados e 409 novos contaxios.

"Hai que tomar medidas como sexa e canto antes o pasemos, mellor para todos".

Todo para frear o avance do virus nesta terceira vaga.

 

Noticias web

28/01/2021