CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo do caso Zamburiña, con 13 acusados, catro deles policías

Publicado o 18/01/2021 15:14

O xuízo desenvólvese na Audiencia Provincial de Ourense, con catro membros da Policía Nacional e nove presuntos traficantes de droga acusados por uns feitos descubertos en 2015.

Un ano antes, unha comunicación anónima enviada á Unidade de Asuntos internos da Policía Nacional sinalaba actuacións supostamente corruptas no grupo antidroga da comisaría ourensá.

As pescudas realizadas incluíron escoitas, seguimentos e vixilancias que detectaron conivencia entre policías e traficantes.

A Fiscalía pide máis de cen anos de cárcere en total. O maior pedimento de pena é para a suposta líder dos traficantes, para quen pide 13 anos de cadea por delitos contra a saúde pública, posesión de armas e por pertencer a grupo criminal. A seguinte petición por anos de cárcere, once e catro meses, é para o exxefe policial ao que acusa de tráfico de drogas, revelación de segredos e omisión de perseguir delitos.

Os acusados comparecerán no momento previsto e non de últimos como pedían algunhas defensas nas cuestións previas, que ocuparon o comezo do xuízo.

Noticias web

18/01/2021