CRTVG

Buscar

Comeza o proxecto de peonalización de parte da Ronda da Muralla, en Lugo

Publicado o 03/09/2020 20:44

Haberá máis espazo para os peóns e tamén para as fotos de turistas e visitantes. Xa está en marcha a licitación das obras de peonaliación da zona da Mosqueira e o obxectivo é que os traballos comecen a principios do vindeiro ano.

"As vibracións que provocan os vehículos causan danos estruturais e o noso compromiso e ir retirando o tráfico arredor da muralla. Unha zona verde e arborizada, pero que tamén permita ter un espazo para actividades culturais e de ocio", sinala Rubén Arroxo, tenente alcalde de Lugo.

Como todos os cambios o proxecto xera diversidade de opinións pero dende asociacións como Lugo Monumental que representa máis dun cento de empresarios din que a peonalización é positiva para a zona histórica.

"A nosa postura sempre foi favorable á peonalización. Evidentemente hai un primeiro momento en que custa adaptarse aos cambios, pero a peonalización sempre é boa para a zona histórica", sinala Luis Latorre, presidente da asociación Lugo Monumental.

"Eu véxoo beneficioso para as tendas que estamos aquí ao lado pero para os turismos e o funcionamento da cidade non o vexo ben". "En fin, mentres as alternativas sexan boas e se poida canalizar o tráfico por outros sitio...haberá que velo", din os veciños.

O obxectivo e ir pouco a pouco peonalizando a contorna do monumento, pero entre tanto reabre ao tráfico, agás nun pequeno tramo, todo o carril que se peonalizara provisionalmente arredor da muralla durante o confinamento.
 

Noticias web

03/09/2020