CRTVG

Buscar

Comeza o cumio de líderes en Bruxelas con tensión polas ameazas de Polonia e Hungría

Publicado o 01/10/2020 16:30

Esta tarde vaise celebrar en Bruxelas o cumio de xefes de Estado que houbo que cancelar a semana pasada. Supoñíase que sería un cumio case de trámite, pero a sensación agora mesmo é de urxencia. Porque Alemaña acaba de advertir que os cartos que agardan España, e outros países, do fondo europeo de recuperación poden atrasarse. 

Ía ser un cumio en principio tranquilo, cuxo obxectivo era analizar os retos internacionais aos que se enfronta a Unión Europea. Pero hai cambios no guión. Polonia e Hungría ameazan con bloquear o fondo de recuperación europeo se a Comisión insiste nas súas críticas á vulneración do estado de dereito. Pero a diplomacia europea xa dá por seguro que haberá un atraso de meses nas axudas europeas pola pandemia. España agarda 140.000 millóns de euros.

Noticias web

01/10/2020