CRTVG

Buscar

Comeza o cribado ao persoal sanitario en Ourense

Publicado o 02/10/2020 15:06

É persoal do CHUO. Durante a súa quenda de traballo sometéronse a un test rápido para detectar anticorpos.

Tamén se realizan cribados nos hospitais comarcais de Verín e O Barco e en toda a atención primaria. Para o persoal que non ten un contacto directo cos pacientes habilitaranse a partir do luns uns puntos para realizar os tests.

O obxectivo é constatar o estado de saúde dos profesionais do sector sanitario, 6.500 persoas en Ourense. Nun cribado anterior, os casos positivos non chegaran ao 3 por cento. Esta medida únese ao incremento das PCR para intentar frear o número de contaxios, 85 nas últimas 24 horas nesta área sanitaria.


O cribado no sector sanitario comezou en Ourense, pero estenderase a toda Galicia parta chegar aos 44.000 profesionais.

Noticias web

02/10/2020