CRTVG

Buscar

Comeza o Arde Lucus, con case 400 actividades ata o domingo

Publicado o 14/06/2019 20:26

A cidade de Lugo xa está en plena celebración do Arde Lucus. Esta festa de recreación histórica que evoca o seu pasado romano non para de medrar e agárdase que pasen por alí ao longo da fin de semana miles de persoas. 

Lugo volve ser Lucus Augusti. A cidade está xa transformada para revivir o seu pasado romano a través dunha nova edición do Arde Lucus, unha festa de recreación historica detrás de que hai un intenso traballo. Preto dunha vintena de asociacións teñen instalados os seus campamentos de romanos e castrexos onde amosan á perfección como era a vida da época.

Romanos e castrexos invaden xa as rúas polas que pasean os senadores e o mesmísimo César que invita a que todos se caractericen para a ocasión. Preto de 400 actividades completan o programa do Arde Lucus que fan que estas festas sexan as mellores do imperio.

 

Noticias web

14/06/2019