CRTVG

Buscar

Comeza na Cidade da Cultura Pequefilmes, o festival de cine para a infancia

Publicado o 17/01/2020 15:37

Pequefilmes medra ano a ano. Coa súa estrutura de programación repartida en treitos de idades ata os 3 anos para os valagumes, ata os sete para as miñocas e desde esa idade para as fanecas, a súa idea é amosar contidos aos que a rapazada non chega habitualmente.

Unha variación non só para acomodarse na butaca. En Pequefilmes buscan que a rapazada coñeza novos xeitos de relacionarse co cinema. Por exemplo, cunha sesión programada polo alumnado do colexio Camiño Inglés de Sigueiro.

Outra sesión programada polo festival de curtas máis importante do mundo, Clermont Ferrand, e dous obradoiros para facer cinema completan Pequefilmes. Sábado e domingo, na Cidade da Cultura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020