CRTVG

Buscar

Comeza a vendima nas Rías Baixas con moita calor e medidas anticovid

Publicado o 02/09/2020 20:21

O momento máis importante do ano para este sector vén, efectivamente, acompañado de altas temperaturas e, como manda a norma anticovid, de xel hidroalcólico e máscaras nestes equipos burbulla que aquí vemos diferenciados por cores distintas e cuxas entradas e saídas están dosificadas. Todo sexa por apañar unha colleita de boa calidade, iso din, e que se prevé un 15% máis abundante que o ano pasado, cando se recolleron 32 millóns e medio de quilos de uvas na DO Rías Baixas. 

Os chalecos de sete cores distinguen equipos con lugar e horarios asignados. Así se organizan na primeira vendima da era covid os 90 temporeiros da adega Martín Códax. En total, 400 persoas vencelladas á empresa están xa mergulladas na recolleita coas probas recentemente feitas.

Polo demais, o traballo da vendima é coma sempre: recoller os froitos dos coidados de todo o ano. Empezan polo viñedo máis experimental desta adega do val do Salnés, o que produce o seu viño escumoso.

Martín Códax recolleu case cinco millóns de quilos de uvas o ano pasado. Nesta campaña agardan aumentar a produción un 15%.

Noticias web

02/09/2020