Comeza a novena edición do San Simón Fiddle
PCR no peirao de Cesantes para esta novena edición do San Simón Fiddle, e música. Música antes, durante e, por suposto, ao chegar á illa dos violíns.
Comezan as clases, pero a música non deixou de soar en ningún momento. Faino con medidas de seguridade, cun programa modificado e sen poder facer noite na illa. Tampouco hai convidados internacionais. Apenas unhas 50 persoas. Os máis dos fiddle camp do mundo foron cancelados. O milagre da música venceu en San Simón.
O que non falta en cada edición é talento. Ese que, na procura da música tradicional desde os intrumentos máis clásicos, deixa as partituras para poder tocar xuntos, libres e en harmonía.
Primeiro día de cinco xornadas de violín, chelo e cordas. De música desde unha illa, hoxe segura. Ironías da vida, noutrora, punto de corentena de leprosos.