CRTVG

Buscar

Comeza a funcionar en Ourense un número de teléfono para nenos con enfermidades crónicas

Publicado o 20/03/2020 13:51

Para todos estes nenos con enfermidades crónicas en horario de 09.00 da mañá a 15:00 da tarde no Complexo Hospitalairo Universitario de Ourense poñen este número de teléfono a disposición dos pais. Poderán chamar ante calquera dúbida que lles xurda.

E malia que a afectación do coronavirus en nenos é moi baixa, a recomendación, sobre todo para estes nenos con enfermidades crónicas, é que non saian da casa, non deben estar expostos ao virus.
Un servizo que se pon en marcha no hospital de Ourense, onde tamén funciona outro teléfono de atención exclusiva para embarazadas.

Noticias web

20/03/2020