CRTVG

Buscar

Comeza a comercializarse o primeiro vehículo de Toyota feito na factoria de PSA en Vigo

Publicado o 06/02/2020 15:10

Xa saíron da factoría de PSA os primeiros vehículos de Toyota que viaxarán a Europa tras seren fabricados na planta de Vigo. A prevenda do Proace City xa está en marcha e os novos vehículos chegarán aos concesionarios en dous meses. Falamos do primeiro vehículo da marca xaponesa fabricado en España.

Un vehículo comercial lixeiro dos que a marca xaponesa agarda producir unhas 35.000 unidades anuais para todo o mercado europeo que sairán da fábrica de Vigo.

O novo Proace City de Toyota fará o seu debut mundial no salón de Birminghan o vindeiro 30 de abril.

Noticias web

06/02/2020