CRTVG

Buscar

Comercializan en Galicia un material que elimina a covid-19

Publicado o 17/09/2020 13:42


Pode adaptarse a calquera tipo de superficies en ascensores, tiradores, mostradores ou mobles. É transparente, autoadhesiva e de doada colocación. O máis sorprendente é que esta lámina pode eliminar case o cen por cento da covid-19 en trinta minutos.

O material pode converterse nunha ferramenta máis para evitar contaxios en lugares de moita afluencia. Fabrícase en Corea, onde está a dar resultados moi positivos, segundo os empresarios que xa a comercializan en Galicia.

Este material non ten caducidade e é totalmente inocuo e seguro.

Noticias web

17/09/2020