CRTVG

Buscar

Comer e beber, o Nadal trae excesos aos que é difícil pórlle freo

Publicado o 25/12/2019 13:04

Nadal e excesos. Dúas palabras que van irremediablemente unidas a causa dos festexos que nos fan comer e beber máis e durmir menos. Para levalo mellor os expertos aconsellan sentido común e nos contan algúns trucos.

Despois das ceas de empresa e con amigos empezan as celebracións en familia. Ceas e comidas en que malia ter forza de vontade é difícil controlar os excesos. Seguindo algunhas pautas podemos levar mellor estes días de sobrealimentación.

Se non fomos capaces de previr os excesos teremos que buscar remedio ao pasar as festas. Bebidas depurativas e facer algo de exercicio axuda.

As celebracións do Nadal tamén potencian o consumo do alcol. Os expertos recomendan ser moderados. Neste sentido as autoridades lembran non inxerir bebidas alcólicas cando se vai coller o coche.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019