CRTVG

Buscar

Colocan módulos de descanso para sanitarios no hospital Álvaro Cunqueiro

Publicado o 02/04/2020 14:49

A área sanitaria de Vigo está instalando nos exteriores do hospital Álvaro Cunqueiro módulos de descanso para o persoal sanitario, que serán utilizados como cuartos individuais. Serán un total de doce módulos externos que poderían estar listos este mesmo venres. Situados na explanada da fachada sur deste hospital de Vigo, servirán como aloxamentos temporais para liberar así o espazo que utilizaban ata o de agora os residentes de garda nas horas de descanso.

E nese espazo crearán unha nova área de hospitalización para os enfermos por coronavirus. A empresa que está levando a súa colocación xa instalou varios hospitais de campaña coma este na comunidade de Madrid en Asturias e tamén Barcelona.

No caso de Vigo, estes modulos terían algo máis de 43 metros cadrados e disporían de electricidade e calefacción.

Noticias web

02/04/2020