CRTVG

Buscar

Colocan 53.000 bandeiras de España nun parque de Madrid en recordo ás vítimas da covid-19

Publicado o 27/09/2020 19:14
Colocan 53.000 bandeiras de España nun parque de Madrid en recordo ás vítimas da covid-19

A Asociación Nacional de Vítimas e Afectados pola Covid-19 colocou durante a noite de onte unhas 53.000 bandeiras de España sobre o céspede do parque Roma de Madrid. Segundo explicaron nas redes sociais os organizadores desta iniciativa, trátase dunha homenaxe aos falecidos pola covid-19.

Esta asociación convocou ademais unha concentración para o 1 de outubro ás oito da tarde en 20 delegacións e subdelegacións do Goberno para pedir "xustiza e memoria para as vítimas". As imaxes da homenaxe coas bandeiras foron compartidas en redes sociais por políticos como Santiago Abascal, de Vox, ou Rafael Hernando, do PP.