Collen na allada un ladrón de casas de Baiona
Publicado o 22/05/2020 15:00
A Garda Civil detivo un veciño de Baiona cando tentaba roubar unha casa no mesmo termo municipal. Considérase que é responsable de polo menos 16 actos delitivos, sobre todo asaltos a domicilios e a coches e furgonetas. Os investigadores tamén cren que actuou en roubos cometidos en hoteis, restaurantes e locais de ocio.
O home, de 44 anos e consumidor habitual de drogas, quedou en liberdade con cargos logo da súa declaración xudicial.