CRTVG

Buscar

Colectivos de Mos reconstrúen a vivenda incendiada dunha veciña

Publicado o 18/09/2020 13:47

Totalmente calcinada quedaba a principios de novembro pasado a casa de Rosa na parroquia de Pereiras, en Mos, por mor dun incendio que comezou nesta estufa. Rosa estaba no hospital e quedou en choque. Todo o barrio e tamén o concello se comprometeron na reconstrución.

Aquí traballaron moitos veciños de xeito altruísta, o concello cedeu os materiais e tamén persoal, o arquitecto e outro persoal técnico, Cáritas, asociacións de veciños e montes tamén colaboraron. Moitas persoas e empresas fixeron achegas.

A casa quedou tal como ven a falta de pequenos detalles. Rosa está moi agradecida a todos os que colaboraron. Axiña poderá estrear a súa vivenda. Houbo algúns retrasos por culpa da covid−19 e porque a maioría dos traballadores son voluntarios e acoden en horas libres.




 

Noticias web

18/09/2020