CRTVG

Buscar

Suárez Illana desmárcase do PP e vota en contra de retirarlle as medallas a Billy el niño

Publicado o 12/06/2020 08:38

O deputado do PP Suárez Illana desmarcouse do seu partido ao votar en contra de retirarlle as medallas a torturadores como Billy el niño.

O Partido Popular abstívose. E Illana votou como Vox. Nun comunicado explica que decidiu "en conciencia" romper a disciplina de voto porque entende que a iniciativa é unha trampa que busca destruír a convivencia entre os españois. A dirección do PP vai decidir agora se o sanciona.

A proposición non de lei pactárona o PSOE e Unidas Podemos con Ciudadanos.

Noticias web

12/06/2020