CRTVG

Buscar

Presentan una querela ante o Supremo contra o Goberno no nome de 3.000 familiares de falecidos

Publicado o 12/05/2020 08:20

A crise do coronavirus e a súa xestión vai estar ben presente nos xulgados. Tres mil familiares de falecidos presentaron unha querella ante o Tribunal Supremo contra o presidente Sánchez e o seu Executivo por posible delito de homicidio imprudente.

Alegan que permitiron por acción ou omisión a extensión da epidemia e a morte de persoas. Esta querela, segundo os seus avogados, podería ser ampliada e incluír delitos de prevaricación e omisión de deber de socorro.

Tamén contra o a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e parte do seu equipo, se presentou unha querella criminal colectiva nos Xulgados de Plaza de Castilla. Familiares de falecidos en residencias, agrupados no colectivo Mareas de Residencias, acúsanos de delitos de homicidio imprudente, trato vexatorio, prevaricación e denegación de auxilio.

Noticias web

12/05/2020