CRTVG

Buscar

Día de vento furacanado, aviso laranxa

Publicado o 18/12/2019 08:25

Co Nadal ás portas, os sucesivos temporais manteñen a frota amarrada, sen poder pescar. Para hoxe, espérase un día de ventos furacanados, que poden superar os 100 quilómetros por hora en zonas da Mariña e na costa da Coruña.

Tamén hai aviso laranxa no mar por ondas de forza oito. Xa pola tarde, ao vento váiselle sumar a choiva. Póñanse a cuberto, porque o día promete estar de medo.

Noticias web

18/12/2019