CRTVG

Buscar

As ITV non van abrir de momento, malia que poderían facelo con cita previa

Publicado o 11/05/2020 09:31

As que non van abrir, polo momento, son as ITV da nosa comunidade. As 26 estacións de inspección técnica de vehículos que hai espalladas por Galicia non abrirán, malia que o BOE permite a súa reactivación con cita previa.

Esperan a que o Ministerio de Industria detalle as condicións en que se realizarán as inspeccións. Na nosa comunidade hai máis de 125.000 vehículos aos que lles caducou a inspección durante o estado de alarma.

Noticias web

11/05/2020