CRTVG

Buscar

Despiden emocionados a primeira paciente á que lle dan a alta no hospital de Monforte

Publicado o 01/04/2020 14:17

Boa nova tamén a que nos chega dende o hospital de Monforte, que rexistra a primeira alta dunha paciente ingresada con coronavirus.

Así de contento e safisfeito despedía o persoal do centro hospitalario esta muller chantadina de 52 anos que, despois de pasar unha semana ingresada afectada pola COVID-19, recibía onte a alta.

Foi unha emocionada despedida en que esta veciña de Chantada agradeceu os coidados recibidos polo persoal durante o seu ingreso.

Noticias web

01/04/2020