Preacordo en Alcoa San Cibrao para recolocar o persoal das plantas da Coruña e Avilés
Publicado o 22/02/2019 16:15
Preacordo entre o comité de empresa e a dirección de Alcoa San Cibrao sobre o proceso de recolocación dos traballadores das plantas de A Coruña e Avilés. A empresa garante que estes traslados non afectarán os contratos eventuais da factoría mariña como pedían os sindicatos. Comprométese a facer fixos 41 destes contratos e manter a continuidade doutros 28.
A vindeira semana os traballadores votaran si o aceptan e desconvocan as mobilizacións. O complexo da Mariña debe asumir 160 traslados a través dun plan de baixas incentivadas. Un dos puntos do acordo do ERE das plantas coruñesa e avilesina.
Máis sobre actualidade
28/02/2021 20:17